ESTUDIO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CEIP FLAVIA CURSO 2021

     


 


 

 

ESTUDIO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CEIP FLAVIA

 

 O centro escolar CEIP FLAVIA, situado na vila de  Padrón, comarca do Sar, ten un total de 266 alumnos. O centro atopase situado no centro da vila, sendo esta una vila urbana pero con diferentes parroquias rurais, que son os alumnos maioritariamente pertenecientes a noso centro.

Dende o equipo de dinamización fixemos unha enquisa de cantos nenos falan galego na casa/ cantos no colexio/cantos cos amigos, cantos son galego falantes ou castelán falantes .Observamos claramente que un porcentaxe moi grande dos alumnos 194 alumnos/as, son falantes castelán, a pesar de pertenecer a un núcleo rural, cuxa lingua vehicular e o galego.

Este é o resumen do estudio realizado dende este equipo .

Nº TOTAL de alumnos/as do centro CEIP FLAVIA: 266 alumnos/as

Nº Alumnado cuxa lingua vehicular é o galego : 72 alumnos/as

Nº Alumnado  cuxa lingua vehicular é o castelán.194 alumnos/as

Nº de alumnos procedentes doutras comunidades ou do extranxeiro: 20 alumnos/as

CURSO

Nº ALUMNOS

GALEGO FALANTES

CASTELÁN FALANTES

Alumnos doutras comunidades o extranxeiros

INFANTIL 3 ANOS

17

4

13

4

INFANTIL 4 ANOS

18

7

11

0

INFANTIL 5 ANOS

25

7

18

3

1º A

19

3

16

2

1ºB

18

5

13

0

2ºA

16

5

11

1

2ºB

16

3

13

0

3º A

22

8

16

2

4ºA

22

3

19

1

4ºB

22

4

18

0

5ºA

16

6

10

3

5ºB

15

2

13

1

6ºA

20

9

11

0

6ºB

20

6

14

3

TOTAL

266

 

72

194

20

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Dende o equipo de dinamización da lingua e ante a urxencia de solventar esta degradación do noso idioma decidimos trazar unha serie de obxectivos para tomar e concienciar o valor da nosa lingua e cultura,  Así como reflexionar sobre a importancia de coñecer, conservar e respectar a nosa lingua como parte fundamental da cultura da nosa comunidade, e fomentar o uso da lingua galega nos diversos ámbitos escolares e familiares.

 

Obxectivos : Contorno sociolingüístico do centro.

a)    Promover actividades culturais, de participación e promoción do uso do galego, tanto na escola coma en toda a comunidade educativa. Realización de actividades que teñan como marco as celebración das festas do ciclo anual (Samaín, Magosto, Nadal.,  Entroido, Día de Rosalía, Letras Galegas, fin de curso etc...)

b)    Contribuír a que a nosa lingua sexa un vehículo de comunicación normal en todos os ámbitos da vida académica do profesorado, alumnado e demais persoal.

c)    Organizar actividades para potenciar o uso da lingua galega fóra do centro, fomentando unha implicación activa dos distintos membros da Comunidade Educativa (pais, profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos), Institucións, entidades e asociacións externas ao centro (Biblioteca Municipal, Concello, asociacións culturais, escolas deportivas, etc.)

d)    Coñecer e difundir aspectos diferentes aspectos do noso patrimonio cultural.

 

Obxectivos  Profesorado

  1. Mellorar a competencia en comunicación lingüística en lingua galega do profesorado.
  2. Participar nas actividades propostas en colaboración coa Biblioteca escolar, favorecendo o seu uso para buscar información, ler, entreterse, aprender, …
  3. Fomentar a participación nas actividades deseñadas conxuntamente co Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
  4. Integrar o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación naquelas tarefas máis axeitadas para o mesmo.

 

Obxectivos : Alumnado

a)           Empregar a lingua galega de forma correcta, valorándoa e respectándoa.

b)           Aprender a  participar nunha cultura propia.

c)            Realizar actividades que permitan un maior coñecemento da historia, costumes, cultura e tradicións galegas.

d)           Potenciar o uso do galego a nivel oral entre o alumnado.

e)           Salientar o día de Rosalía de Castro e o día das Letras Galegas como homenaxe á nosa lingua.

f)             Traballar de xeito lúdico a Lingua Galega dende idades temperás.

g)           Empregar as novas Tecnoloxías para a procura e información.

h)           Recuperar e fomentar as festas, tradicións, costumes ... propios da zona e de toda a comunidade galega salientando a súa vertente normalizadora e achegando ao alumnado á cultura do país no que vive.

i)             Dinamizar actividades tendentes á recuperación da lingua oral: lendas, contos, adiviñas, xogos e dramatizacións.

j)             Fomentar o gusto pola lectura en galego entre o alumnado e a comunidade escolar, dando a coñecer a obra literaria nesta lingua.

k)            Valorar e estimar a lingua galega como lingua propia como mostra de identidade de Galicia e recoñecer a existencia da diversidade lingüística como feito enriquecedor.

 

Ademais destes obxectivos, a nivel de centro perséguense estes outros:

a)           Realizar actividades en determinadas conmemoracións ou festas que teñan lugar no colexio, tendo como punto de partida determinados centros de interese e o emprego da Lingua Galega: Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana das Letras Galegas, Fin de curso, etc., implicando activamente a tódolos sectores da Comunidade Educativa (ANPA, persoal non docente, pais/nais, alumnado...)

b)           Realización de proxectos de carácter plurianual ou puntuais que sirvan como apoio no fomento do galego nas diversas áreas, poñendo especial fincapé na orixinalidade das propostas.

c)            Potenciar a participación de toda a comunidade educativa na celebración de festas tradicionais.

d)           Implicar ás familias na maioría das actividades de recuperación cultural en galego.

e)           Implicar ás familias na celebración das festas tradicionais

f)             Solicitar a colaboración das familias nas actividades de recolleita de información para a elaboración de producións propias (refraneiros, adiviñas, receitarios...)

g)           Coñecer e difundir aspectos diferentes do noso patrimonio cultural.

h)           Potenciar a participación de toda a comunidade educativa na celebración de festas tradicionais.

i)             Colaborar co Concello na realización de determinadas actividades.

j)             Utilizar, promover e divulgar a lingua galega en todas as actividades que se leven a cabo no Centro.

k)            Traballar cara a consecución dunha boa competencia en comunicación lingüística en lingua galega.

l)             Promover a lectura, fala, comprensión e escritura na lingua propia da nosa Comunidade.

m)          Seguir promovendo a escrita en galego en todas as comunicacións que saian do centro, así como toda a documentación empregada a nivel interno.

n)           Valorar a historia e cultura propias deseñando programas de coñecemento das mesmas.

o)           Manter informada á comunidade educativa de acontecementos vinculados coa cultura galega na zona: exposicións, festexos, revistas , concursos...

p)           Dotar ao centro dos materiais curriculares axeitados para o coñecemento da lingua e cultura galegas.

q)           Dotar á biblioteca e ás aulas de materiais informáticos e audiovisuais en galego, e promover o seu uso.

r)            Fomentar o uso das TICs  empregando o galego.

s)            Potenciar a valoración positiva do uso do idioma galego por parte de todos os membros da comunidade educativa.

t)             Posibilitar a integración do alumnado que non posúa coñecemento suficiente da lingua predominante, atendendo á inmersión lingüística do alumnado inmigrante se o houber.

u)           Manter e promover relacións abertas co concello

v)             Potenciar a visión do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como órgano de coordinación docente e dar visibilidade explícita ás súas actuacións.

w)          Informar e implicar ás familias no proceso dinamizador e normalizador.

x)            Promocionar as festas tradicionais galegas.

y)            Promover o coñecemento da contorna inmediata: características do medio natural, historia, arte, xeografía.        

 

 

 

 

 

 

 

 


Comentarios