Visita de Anxo Moure

Onte ven visitarnos ao cole o escritor e ecoloxista galego Anxo Moure. O alumnado e mestras de Infantil, decoraron o hall dunha xeito moi otoñal. Bravo por eles! Anxo presentounos o seu libro, "Carballo con Botas",interactuando co alumnado,que foi partícipe en todo momento desta fermosa actividade. Nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre as árbores galegas, e disfrutaron do bó facer deste escritor, que mesmo nos agasallou con fermosos poemas recitados do seu conto "Salgadiña: a estrela de Fisterra", lembrando así, a traxedia ecolóxica sufrida na Costa da Morte fai 20 anos neste mes de Novembro. Ademais, este autor firmou libros ao alumnado, o non só iso: ata tocou a Pandeireta! Foi unha xornada moi emotiva na que todas e todos disfrutamos e aprendemos moito sobre a nosa contorna. Como Anxo ben dí: "os lumes dos montes apáganse coa educación" Asi que xa sabedes: a seguir coidando dos bosques así de ben, formándonos e aprendendo! Dende o cole, queremos dar as grazas a Anxo por partillar con nós este fermoso día. Deica outra!

Comentarios