Xa chegou o Meco e o Entroido!

Velaquí os mandados do Meco para este Entroido 2023. Que ben o pasamos coas súas "ordes durante toda a semana! LUNS 13 SE AO MECO QUERES SORPRENDER ALGO NA CABEZA DEBES POÑER SOMBREIRO, PERRUCA OU COMPLEMENTO PARA VIR TODO CONTENTO MARTES 14 O MARTES NON ESQUEZAS PÓR UN CALCETÍN DE CADA COR Á VISTA OS DEBES TER PARA PODERNOS SORPRENDER MÉRCORES 15 ESTE MÉRCORES PARA FACERME RIR UNHA PRENDA DO REVÉS DEBES LUCIR XOVES 16 PARA O ÚLTIMO MANDATO QUE DEBES CUMPRIR COAS COUSAS DO LUNS, MARTES E MÉRCORES DEBES VIR CON ISTO VOUME DESPEDIR NON ESQUEZADES SORRIR Ademais, o venres celebramos por todo o alto o Entroido. Tanto alumnos coma mestres disfrazámonoss e fixemos un desfile moi animado polo espolón. O profesorado e pais traballaron arreo para confeccionar os disfraces dos cativos. A temática elexida foi O ARTE. Noraboa a todos polo excelente traballo! Despois, desfrutamos nas aulas de postres típicos destas datas: orellas, filloas...mmmmmm. Estábache todo ben bó! Bo Entroido a todos!

Comentarios