Feliz Samaín e Magosto!

Hoxe, 28 de Outubro, celebramos no centro unha terrorífica festa: O Samaín! Alumnos e profes viñeron disfrazados. Daban auténtico medo! Pero non queda a cousa aí: tamén festexamos o Magosto. O castañeiro ven de visita...e que boas estaban as castañas!Mmmmm Foi unha xornada moi divertida... e merecida, despois dunha semana na que, tanto o alumnado coma o profesorado, traballaron arreo coa decoración e preparativos da festa. As cabazas que trouxeron decoradas da casa foron espectaculares. Grazas ás familias pola colaboración! Velaquí vos deixamos unhas fotos deste fermoso día. Qué pasedes unha boa ponte!

Comentarios