NADAL 2021-22

                      XA CHEGA O NADAL !!

                                    FELICES FESTAS!!!                                                          



Este ano queremos felicitarvos o Nadal con esta panxoliña cantada e interpretada por alumnos  e os profes do colexio. Esperamos que vos guste e

 

Panxoliña : SÍNTOME XENIAL  

https://youtu.be/3FoCDVm4e0A


Bo día!

Como vedes, aquí no Flavia ata os esqueletes e os dinosaurios celebran as festas.  

Dende FLAVIOLINGUA  queremos celebralas con libros, música e filmes. Aquí van unhas cantas recomendacións por se queredes engadilas á vosa lista de desexos. 

Xa se nota que se achegan esas datas especiais coas que rematamos o ano.  


OS NENOS DE 6º DE PRIMARIA , FIXERON RECICLAXE DE LIBROS , FACENDO ESTAS PRECIOSAS ARBORES DE NADAL 


Xa se ven todas as aulas decoradas e andades a escoitar e tocar panxoliñas.

Xa arrecende a Nadal no Flavia!

E, pensado en todos e todas, hai unhas portas que teñen unha decoración moi orixinal. Este curso temos unha porta con felicitacións en lingua de signos, outra na que se usa o Braille e outra na que hai uns cantos pictogramas.



  E  como agasalio para toda a comunidade educativa este ano o equipo de dinamización da lingua e o ceip Flavia fixo un calendario escolar en promoción do ano Xacobeo

 Desexo que vos guste a todos/as

 

 

Aquí queda o pdf do mesmo




Saúdiños a todos e todas e pasade unhas boísimas FESTAS! 🎉🎄🎉



Comentarios