3 DE NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN
GALEGO
Boas!
Ao longo de todo este mes haberá un bo número de
eventos relacionados coa ciencia nas bibliotecas galegas. Para que non vos
perdades nada, aquí tedes o programa completo.
Tamén podedes aproveitar e vir coller libros á Flaviolingua sobre
calquera tema científico. Hai unha chea onde escoller e iremos deixando moitos
deles expostos na entrada para que os vexades ben. 👀
E aquí vos deixamos un enlace a unha serie de vídeos
moi interesantes: A TOUPICIENCIA
Ademais en Padrón podedes
disfrutar dende fai uns días da exposición Matemáticas para un mundo mellor que está nas rúas Real e Tahona. Tedes ata o 10
de decembro para pasar por alí. Ten moi boa pinta!
Comentarios
Publicar un comentario